A PAISAXE DA COSTA DA MORTE

Se algo identifica e define a comarca da Costa da Morte, moito máis incluso que a súa delimitación xeográfica (sobre a que non existe unanimidade de pareceres) é a súa paisaxe costeira, atlántica e agreste, capaz de inflamar a imaxinación dende moi antigo, alimentando unha morea de crenzas e historias míticas, que acabaron por impoñerse no imaxinario colectivo de tal xeito, que ata o seu nome provén da lenda.
A paisaxe do fin do mundo, da morte ou a renovación, inspirou ó longo do tempo a artistas de toda índole, dende o poeta Eduardo Pondal a quen lle serviu para imaxinar todo un cosmos épico ó son da queixume dos seus pinos, a Man, o alemán de Camelle, quen resolveu un día dedicar a súa arte e vida a integrarse coa paisaxe que o transformara, ata por poñer un exemplo máis recente, o cineasta Lois Patiño quen seleccionou esta paisaxe emocional para descompoñela na súa galardoada cinta “Costa da Morte”.
Paisaxe e paisaxes varios protagonizados pola mar, que subxugan a vida do seus habitantes, determinan a cultura e aspecto das súas vilas mariñeiras e da que derivan non só icónicas estampas de enfebrecidas ondas no seu esculpir nas rochas, senon tamén unha ampla e fermosa variedade de sistemas naturais asociados, de praias e rías, que merecen pola súa beleza e importancia ecolóxica do mesmo recoñecemento e estimación.
Partindo de toda esta riqueza e diversidade, temos deseñado unha serie de itinerarios interpretativos pola zona, con propostas e enfoques diferentes, para que cada quen escolla a paisaxe a explorar nos seus valores naturais e/ou culturais, compartindo con nós a experiencia da súa percepción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s