A PAISAXE DAS DUNAS (ACCESIBLE)

A actividade consiste nun paseo de interpretación ambiental pola pasarela de madeira que discorre polo sistema dunar da praia de Traba, partindo da aldea de Mórdomo, situada no concello de Laxe (A Coruña). O percorrido, de pouco máis dun quilómetro de distancia, permite un agradable paseo polo interior deste ecosistema dunar, un dos máis amplos, fermosos e mellor conservados de toda a Costa da Morte. Este itinerario proporciona aos visitantes un contacto directo con este valioso espazo natural, achegando nun breve espazo boa parte da riqueza natural deste entorno. Ó longo do paseo poderemos comprender cómo se forman as praias, as dunas, cales son as adaptacións dos vexetais a estes ambientes litorais, coñecer de primeira man a enorme diversidade vexetal característica deste singular areal, e descubrir algúns dos seus animais máis representativos.
Lugar de encontro: Área recreativa de Mórdomo, concello de Laxe (A Coruña). Ruta circular.

Duración: 1,5 – 2 horas.

Distancia: 1,2 km.

Características da ruta: O perfil xeral da ruta ten unha dificultade moi baixa así como unha intensidade na marcha moi suave, con numerosas e prolongadas paradas, sendo apta para tódolos públicos, inclusive aquelas persoas con mobilidade reducida para as que está especialmente deseñada.

Accesibilidade Física: A senda comeza no aparcamento/área recreativa de Mórdomo (Laxe), a través dunha pasarela de madeira ben integrada no entorno, cunha lonxitude total de 540 m (farase ida e volta) e unha anchura invariable de 2,5 m. sendo a pendente moi suave. O solo é homoxéneo, sen resaltes, cun bo mantemento. A pasarela conta con pasamáns dun so lado nos primeiros 250 m do recorrido, non habendo en ningún punto tramos elevados. A área recreativa, situada ó comezo do itinerario, conta cun aseo adaptado.

Condicionantes da visita: Na procura dun óptimo rendemento da actividade e polas propias características do sendeiro, non son recomendables grupos de participantes superiores a 20 persoas ou máis de 10 usuarios con cadeira de rodas.

Condicionantes ecolóxicas: O roteiro discorre por unha zona de alto valor ambiental e fraxilidade ecolóxica, polo que os asistentes recibirán indicacións para evitar calquera impacto que prexudique negativamente o medio no seu tránsito. Asemade, os animais amigos que nos acompañen deberán ir debidamente suxeitos con correa para que non fagan trasnadas fora do camiño indicado.
GRUPOS REDUCIDOS.

Sistema dunar en Traba
RESERVA OBRIGATORIA.

Advertisements

Unha opinión sobre “A PAISAXE DAS DUNAS (ACCESIBLE)

  1. Pingback: Reflexionando sobre a diversidade: Xornadas adaptadas para o achegamento á riqueza natural no val de Traba (Laxe). | A Paisaxe Interpretada – A Costa da Morte

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s