A PAISAXE EMBLEMÁTICA

Percorrido por un dos tramos máis representativos da paisaxe simbólica e estética da Costa da Morte – A Enseada do Trece (Camariñas). Un escenario onde a intensidade da natureza atlántica concibe e exemplifica a imaxe romántica e icónica dunha rexión de nome tan tráxico como mítico.
Neste itinerario, descompoñeremos a paisaxe emblemática procurando os distintos elementos que a definen, aqueles que todos relacionamos coa visión da Costa da Morte, sendo algúns tan intanxibles como incluso lendarios. Transmitir os valores desta paisaxe emocional, supón para nós un arriscado reto dende o punto de vista da interpretación do Patrimonio, mais de obrigado cumprimento para quen quere reflexionar sobre a identidade paisaxística da rexión. Nesta aproximación á esencia mesma e imaxe paradigmática da Costa da Morte, a visita integrará pasaxes históricas, apuntes sobre as principais características ecolóxicas, e de maneira especial recorrerá a percepción do lugar dende o imaxinario colectivo ó longo do tempo, agardando estimular as vosas propias sensacións e apreciacións en relación cun medio de beleza tan infinita como o seu horizonte.

Lugar de encontro: Cemiterio dos Ingleses (Camariñas). Ruta circular

Duración: 2,5 horas aproximadas

Distancia: 2,5 km

Características da ruta: O perfil xeral da ruta ten unha dificultade baixa así como unha intensidade na marcha moi suave, sendo apta para tódolos públicos, non obstante sempre é recomendable que contactedes con nós previamente en caso de terdes condicionantes físicas.

Condicionantes ecolóxicas: O roteiro discorre por unha zona de alto valor ambiental e fraxilidade ecolóxica, polo que os asistentes recibirán indicacións para evitar calquera impacto que prexudique negativamente o medio no seu tránsito. Asemade, os animais amigos que nos acompañen deberán ir debidamente suxeitos con correa para que non fagan trasnadas fora do camiño indicado.

Recomendacións: Calzado deportivo, pantalón longo, auga e dependendo da climatoloxía abrigo axeitado a unha zona especialmente ventilada.

Reservas para grupos: Se formades un grupiño de 10 ou máis persoas e queredes acudir ós itinerarios contactade con nós, poderedes escoller outras datas das marcadas na axenda de inscrición libre.

GRUPOS REDUCIDOS

paisaxe-10

Cemiterio dos Ingleses (Foto: Montse Castro)

RESERVA OBRIGATORIA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s