A paisaxe interpretada na escola

Nos últimos tempos o interese e a preocupación por preservar e comprender o medio, entendido dende os espazos naturais a aqueles outros capaces de identificar a historia cultural do lugar, levaron ó desenvolvemento de novas ciencias especializadas xunto a recuperación de vellos conceptos como a “Paisaxe”, vinculada de antigo á percepción estética e hoxe recuperada, trala revisión e unificación de distintas disciplinas como a Ecoloxía, a Xeografía, a Arqueoloxía ou as Artes, entre outras. Nun campo de estudo de enfoque innovador e suxerinte, con capacidade de atracción e participación social. No eido educativo, a súa capacidade didáctica e diversidade a converten nunha materia transversal, especialmente importante nas áreas das ciencias sociais e naturais.

“A Paisaxe Interpretada na escola” oferta a posibilidade de trasladar a teoría da aula ó espazo aberto nunha experiencia de lecer educativo, onde os itinerarios propostos e a versatilidade que ofrecen os escenarios escollidos posibilitan a adaptación e o énfase sobre os contidos vistos na clase incluso en distintos niveis educativos.

Se traballas nun centro de ensino, precisas de máis información sobre o proxecto e queres solicitar o noso dossier educativo, consúltanos sen compromiso.

Advertisements