A Paisaxe Interpretada

A paisaxe é a expresión dun territorio. A fisionomía que resulta do seu moldeado xeolóxico, das súas particularidades ecolóxicas, pero tamén da interacción co home que habita este espazo ó longo da historia. A paisaxe pódese definir, clasificar… pero en primeira instancia sempre haberemos de percibila, e cada un de nós o fará a través dos seus sentidos, da súa experiencia e en fin, da súa subxectividade dun modo distinto.
Dende Benquerenza, non queremos deixar de estimular e insistir na importancia da apreciación emocional da paisaxe, como unha impresión única. Pero ademais, deseñamos actividades para sinalar as particularidades naturais y culturais que cada un destes espazos alberga, ampliando a experiencia e o desfrute a través do recoñecemento dos seus valores.
O proxecto “A Paisaxe Interpretada” pretende reflexionar sobre a paisaxe con vós, e para isto tamén aproveitaremos as actividades, para rexistrar aquelas impresiones que teñades a ben compartir durante o desenvolvemento dos itinerarios interpretados, ou invitándoos a completar unha pequena enquisa que aquí vos deixamos. Toda esta información nos suporá unha boa axuda na mellora dos nosos servizos e tal vez, entre todos, logremos sumar unha nova aportación ao debate social sobre a valoración da paisaxe e o modelo de xestión territorial ó que aspiramos, completa o noso formulario e ofrécenos as túas impresións. Moitas grazas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s