A PAISAXE NATURAL

O percorrido discorre pola Ría de Corme e Laxe, un escenario de inusitada beleza ideal para camiñar sen presas, recreándose nunha agradable paisaxe que infunde paz e sosego a todo aquel que ten a fortuna de coñecela. Descubriremos un enclave de altísimo valor natural, que grazas as súas pequenas dimensións convértese nun espazo inmellorable para comprender as características desta formación tan singular, os motivos da súa importancia ecolóxica e cultural, e a extraordinaria diversidade biolóxica que nela habita.
Ó longo deste paseo iremos explorando os diferentes ambientes que se nos van aparecendo conforme avanzamos, que nos amosan a fabulosa riqueza resultante da mestura do mar ca terra. Veremos a desembocadura do río, as marismas, chairas lamacentas, bosques de ribeira, cantís, dunas, praias, mar aberto e toda unha serie de hábitats que van ir perfilando a paisaxe e outorgándolle unha personalidade única. Iremos desvelando así, polo miúdo, a fauna e flora que esconden, cómo se relacionan co medio, os usos culturais que fai o home destes abondosos recursos naturais e as particularidades xeolóxicas que moldean este sublime escenario. Todo para facernos unha idea da exuberancia vital que se agocha baixo esta xoia da natureza, como é a Ría de Corme e Laxe.

Lugar de encontro:

Duración: 4 horas aproximadamente.

Percorrido: Praza do Recheo (Ponteceso) – Praia de Balarés

Distancia: 5 km. Lineal (para a volta temos contratado un vehículo)

Características da ruta: O perfil xeral da ruta ten unha dificultade baixa así como unha intensidade na marcha moi suave, sendo apta para tódolos públicos, non obstante sempre é recomendable que contactedes con nós previamente en caso de terdes condicionantes físicas.

Condicionantes ecolóxicas: O roteiro discorre por unha zona de alto valor ambiental e fraxilidade ecolóxica, polo que os asistentes recibirán indicacións para evitar calquera impacto que prexudique negativamente o medio no seu tránsito. Asemade, os animais amigos que nos acompañen deberán ir debidamente suxeitos con correa para que non fagan trasnadas fora do camiño indicado.

Recomendacións: Debido a súa duración recoméndase levar auga e se o considerades necesario un pequeno refrixerio.

Reservas para grupos: Se formades un grupiño de 10 ou máis persoas e queredes acudir ós itinerarios contactade con nós, poderedes escoller outras datas das marcadas na axenda de inscrición libre.

GRUPOS REDUCIDOS.

RESERVA OBRIGATORIA.

Grupo de mazaricos rabinegros (limosa limosa) no estuario do Anllóns

Grupo de mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
no estuario do Anllóns

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s