O proxecto

“A Paisaxe Interpretada. A Costa da Morte” é un proxecto de Benquerenza iniciado en outubro do 2015, situando a paisaxe como marca de identidade desta rexión costeira. Neste proxecto, que pretende estimular unha nova ollada ao noso arredor, teñen cabida o desenvolvemento de diversas actividades destinadas tanto ao público xeral, como a entidades e grupos particulares: organizacións de xestión e promoción patrimonial e/ ou turística, asociacións vinculadas ao estudo e preservación de aspectos culturais e ambientais, colectivos con necesidades especiais, grupos veciñais ou escolares.

11011893_1595229490762702_2734774295106742700_n

Foto: T.J Ceballos

A inspiración para a elaboración das nosas propostas parte da observación e a análise dos valores que alberga esta paisaxe mítica que protagoniza o noso particular proxecto, así como unha aposta decidida dos profesionais que integran un equipo multidisciplinar experto no estudo, interpretación e divulgación do Patrimonio Cultural e Natural.

En torno ós valores asociados a esta paisaxe elaboramos, executamos ou coordinamos con outros axentes, propostas tan diversas como actividades  educativas para o eido escolar, formación especializada para axentes e promotores da rexión, deseño e xestión de produtos turísticos baseados no respecto ó medio, estratexias de comunicación, elaboración de contidos con finalidades educativas ou promocionais, así como outras iniciativas que procuren o descubrimento e a revalorización social da súa entorna.

11201865_1618886101708911_6749850090936654754_n (1)

Se queres saber máis de nós, do proxecto, se queres que valoremos xuntos a túa idea ou contratar os nosos servizos, ponte en contacto sen compromiso, estaremos encantados de explorar xuntos a riqueza da paisaxe na Costa da Morte.

Advertisements