A PAISAXE MARIÑEIRA


O percorrido deseñado polo entorno e núcleo da vila de Laxe, presta atención sobre cómo a paisaxe dos homes ven determinada polo enclave natural no que habita, modificado asemade pola súa actividade ó longo do tempo.

Neste itinerario tomaremos como protagonista absoluto o mar, e falaremos de cómo este é visto, comprendido e respectado polos homes e mulleres que históricamente  viviron condicionados polo seu temperamento. Unha relación – entre o mar e a vila- que nutre unha cultura propia, rica en crenzas e costumes, que determina os modos de vida, os elementos cotiáns, sustentada nunha tradición secular á que aínda podemos asomarnos. Trazos mariñeiros que se perciben aquí e alá: no ambiente, nos fogares, nas xentes…Poñéndonos na tesitura de identificar e comprender esta omnipresencia constante do mar, para achegarnos á auténtica esencia que define á vila

Duración: 2,5 horas aproximadamente.

Lugar de encontro:

Percorrido: Faro de Laxe – Porto de Laxe.

Lineal (aínda que retomaremos ó punto inicial, atallando e sumando ó recorrido total 20 min, con quen o precise ou demande)

Características da ruta: O perfil xeral do itinerario ten unha dificultade baixa, sendo apto para tódolos públicos. Se contades con algunha condicionante física aconsellámosvos que contactedes con nós previamente, para avaliar xuntos a situación, e de ser o caso, seguro que atoparemos algunha solución.

Recomendacións: Calzado deportivo.

Reservas para grupos: Se formades un grupiño de 10 ou máis persoas e queredes acudir ós itinerarios contactade con nós, poderedes escoller outras datas das marcadas na axenda de inscrición libre.

Contacto: benquerenza@gmail.com. Tlfnos: 657330911/637987137

GRUPOS REDUCIDOS.

Laxe dende Santa Rosa (foto: Natacha Reyes)

Laxe dende Santa Rosa (foto: Natacha Reyes)

RESERVA OBRIGATORIA.

Advertisements

Unha opinión sobre “A PAISAXE MARIÑEIRA

  1. Pingback: DE CREBAS E OUTRAS LEIRAS. O EXCREMENTO MÁIS COBIZADO: O AMBAR GRIS. | A Paisaxe Interpretada – A Costa da Morte

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s